arrow_back Foro

🦊 Fauna Local xa está en marcha!

person
Abraham Martinez Gracia
Tema

Xa está dispoñible en Peneira o proxecto aberto Fauna Local, un espazo colaborativo para rexistrar observacións da fauna que nos rodea e contribuír ao coñecemento da biodiversidade do noso territorio. 🐾 Podes participar de forma moi sinxela escollendo unha categoría e creando unha observación: * 🐶 Animais domésticos * 🦌 Animais silvestres Cada fotografía, localización ou dato que compartes axuda a construír un mapa colectivo da fauna local e pode resultar de gran utilidade para proxectos educativos, científicos e de ciencia cidadá. 📍 As observacións aparecen na comunidade e no mapa en tempo real, polo que poderás descubrir tamén o que están atopando outras persoas. Anímate a participar! Sae ao campo, ao parque ou simplemente observa a túa contorna e comparte os teus avistamentos en Peneira. Entre todas e todos faremos medrar este proxecto.

forum 2 respostas

person
María Malmierca
#1

Animádevos! Este é un proxecto colaborativo moi sinxelo que che axudará a entender como funciona Peneira, ao tempo que recolles datos básicos sobre os animais que te rodean!

person
ana.villaverde@edu.xunta.gal
#2

Xenial!

lock_open

Para responder fai falla unha conta de Peneira.

login Accede para participar