Descubre os proxectos creados pola comunidade Peneira, un caderno de campo dixital para facilitar a colaboración na recollida de datos en proxectos de ciencia.
Na actualidade en Peneira somos:
As últimas novas da comunidade Peneira
O campo Monitor de datos permite crear observacións vivas que seguen recibindo medicións automaticamente ao longo do tempo. Peneira garda todo o histórico e represéntao en gráficas e táboas, para que poidas analizar a evolución dos datos mesmo despois de pechar a aplicación. Conéctao a estacións meteorolóxicas, sensores ambientais, invernadoiros, acuarios, dispositivos Arduino, ESP32, micro:bit ou a calquera servizo web que devolva datos numéricos en formato JSON. Tedes mais información sobre este novo tipo de campo en: https://peneira.cesga.es/docs/monitores-datos/
Temos o pracer de anunciar a apertura da Comunidade Peneira, un novo espazo de encontro pensado para todas as persoas que utilizan a plataforma nos seus proxectos de ciencia cidadá, educación e investigación. A comunidade nace co obxectivo de facilitar o intercambio de experiencias, resolver dúbidas, compartir recursos e dar visibilidade aos proxectos desenvolvidos con Peneira. Será tamén un lugar onde coñecer as últimas novidades da plataforma, descubrir novas funcionalidades e colaborar con outras persoas e entidades interesadas na ciencia cidadá. Animámosvos a rexistrarvos, presentarvos á comunidade e compartir os vosos proxectos, ideas e iniciativas. A participación de todas e todos será fundamental para construír unha comunidade activa, aberta e colaborativa. Benvidas e benvidos á Comunidade Peneira!
Observacións xeolocalizadas dos proxectos visibles na Comunidade Peneira
Proxectos seleccionados pola comunidade Peneira
Este proyecto te invita a participar en una experiencia creada por la asociación juvenil XenTD100cia, que combina la observación del entorno, la biodiversidad, la fotografía, el arte y la participación colectiva. No es un examen ni tienes que completar todas las actividades. Elige los apartados que más te interesen, realiza solo las pruebas que quieras y disfruta de la experiencia. Nosotros nos encargaremos de recoger únicamente los datos válidos obtenidos durante el eclipse. Lo más importante es que disfrutes de este momento único.
A través de gravacións realizadas pola cidadanía, constrúese unha rede de sons que permite descubrir, documentar e analizar as paisaxes sonoras do noso contorno: a natureza, as aldeas, as cidades, os espazos de traballo e a vida cotiá.
Recogida de datos fauna local. Proyecto demo abierto en Peneira
Os últimos proxectos visibles na Comunidade Peneira
Conxunto de imaxes e videos de Galicia á vista de drone
Lugares en lleiros de Galicia
As part of the Summer School of the EXCAPE Project (XR Escape Room - Soft Skills Training for the Modern Learner), funded by the Erasmus+ Programme of the European Union (2023-2-PL01-KA220-HED-000177050) in Sarajevo.
Participa na creación dun mapa colaborativo do Mar de Ardora en Galicia. Rexistra as túas observacións indicando a localización, a data, as condicións do mar e, se é posible, engade fotografías ou vídeos. Coa túa colaboración axudarás a comprender mellor este espectacular fenómeno de bioluminiscencia e a apoiar a investigación científica.
Macro Life é un proxecto de ciencia cidadá para descubrir e documentar os pequenos detalles que adoitan pasar desapercibidos. A través de fotografías macro e imaxes tomadas con microscopios dixitais, poderás observar de preto plantas, insectos, minerais, tecidos e outros elementos do noso contorno.
As achegas máis recentes dos proxectos visibles na Comunidade Peneira