arrow_back Novidades

Xa está dispoñible a nova Comunidade Peneira

Temos o pracer de anunciar a apertura da Comunidade Peneira, un novo espazo de encontro pensado para todas as persoas que utilizan a plataforma nos seus proxectos de ciencia cidadá, educación e investigación.

A comunidade nace co obxectivo de facilitar o intercambio de experiencias, resolver dúbidas, compartir recursos e dar visibilidade aos proxectos desenvolvidos con Peneira. Será tamén un lugar onde coñecer as últimas novidades da plataforma, descubrir novas funcionalidades e colaborar con outras persoas e entidades interesadas na ciencia cidadá.

Animámosvos a rexistrarvos, presentarvos á comunidade e compartir os vosos proxectos, ideas e iniciativas. A participación de todas e todos será fundamental para construír unha comunidade activa, aberta e colaborativa.


Benvidas e benvidos á Comunidade Peneira!