arrow_back Novidades

Novo tipo de campo: Monitor de datos

O campo Monitor de datos permite crear observacións vivas que seguen recibindo medicións automaticamente ao longo do tempo. Peneira garda todo o histórico e represéntao en gráficas e táboas, para que poidas analizar a evolución dos datos mesmo despois de pechar a aplicación.

Conéctao a estacións meteorolóxicas, sensores ambientais, invernadoiros, acuarios, dispositivos Arduino, ESP32, micro:bit ou a calquera servizo web que devolva datos numéricos en formato JSON.


Tedes mais información sobre este novo tipo de campo en: https://peneira.cesga.es/docs/monitores-datos/


Máis novidades

schedule 10 de xullo de 2026

Xa está dispoñible a nova Comunidade Peneira

Temos o pracer de anunciar a apertura da Comunidade Peneira, un novo espazo de encontro pensado para todas as persoas que utilizan a plataforma nos seus proxectos de ciencia cidadá, educación e investigación. A comunidade nace co obxectivo de facilitar o intercambio de experiencias, resolver dúbidas, compartir recursos e dar visibilidade aos proxectos desenvolvidos con Peneira. Será tamén un lugar onde coñecer as últimas novidades da plataforma, descubrir novas funcionalidades e colaborar con outras persoas e entidades interesadas na ciencia cidadá. Animámosvos a rexistrarvos, presentarvos á comunidade e compartir os vosos proxectos, ideas e iniciativas. A participación de todas e todos será fundamental para construír unha comunidade activa, aberta e colaborativa. Benvidas e benvidos á Comunidade Peneira!