Comunidade de Ciencia Cidadá

Descubre os proxectos creados pola comunidade Peneira, un caderno de campo dixital para facilitar a colaboración na recollida de datos en proxectos de ciencia.

Na actualidade en Peneira somos:

161 proxectos
1733 usuarios
3739 observacións

Novidades

As últimas novas da comunidade Peneira

schedule 30 de xullo de 2026

Novo tipo de campo: Monitor de datos

O campo Monitor de datos permite crear observacións vivas que seguen recibindo medicións automaticamente ao longo do tempo. Peneira garda todo o histórico e represéntao en gráficas e táboas, para que poidas analizar a evolución dos datos mesmo despois de pechar a aplicación. Conéctao a estacións meteorolóxicas, sensores ambientais, invernadoiros, acuarios, dispositivos Arduino, ESP32, micro:bit ou a calquera servizo web que devolva datos numéricos en formato JSON. Tedes mais información sobre este novo tipo de campo en: https://peneira.cesga.es/docs/monitores-datos/

schedule 10 de xullo de 2026

Xa está dispoñible a nova Comunidade Peneira

Temos o pracer de anunciar a apertura da Comunidade Peneira, un novo espazo de encontro pensado para todas as persoas que utilizan a plataforma nos seus proxectos de ciencia cidadá, educación e investigación. A comunidade nace co obxectivo de facilitar o intercambio de experiencias, resolver dúbidas, compartir recursos e dar visibilidade aos proxectos desenvolvidos con Peneira. Será tamén un lugar onde coñecer as últimas novidades da plataforma, descubrir novas funcionalidades e colaborar con outras persoas e entidades interesadas na ciencia cidadá. Animámosvos a rexistrarvos, presentarvos á comunidade e compartir os vosos proxectos, ideas e iniciativas. A participación de todas e todos será fundamental para construír unha comunidade activa, aberta e colaborativa. Benvidas e benvidos á Comunidade Peneira!

Foro da comunidade

Conversas abertas entre participantes

forum

Mapa de observacións públicas

Observacións xeolocalizadas dos proxectos visibles na Comunidade Peneira

Últimas observacións

As achegas máis recentes dos proxectos visibles na Comunidade Peneira

Fauna local
Animales domésticos example student 03 de ago. de 2026
Lugares senlleiros de galicia
Lugares Abraham Martinez Gracia 03 de ago. de 2026
Fauna local
Animales domésticos María Malmierca 03 de ago. de 2026
Mapa Sonoro Galicia
Capturas de audio Pepita Grilla 01 de ago. de 2026
Fauna local
Animales silvestres María Malmierca 30 de xul. de 2026
Vivimos el eclipse
Recuerdos del eclipse Anónimo 30 de xul. de 2026
Mapa Sonoro Galicia
Capturas de audio María Malmierca 29 de xul. de 2026
Mapa Sonoro Galicia
Capturas de audio Abraham Martinez Gracia 29 de xul. de 2026