Como usar Peneira¶
Uso de Peneira¶
Para usar Peneira necesitas ter unha conta, tanto se participas achegando datos a un proxecto como se queres xerar un proxecto para que outras persoas axuden a recoller datos.
Se participas nun proxecto (por exemplo, creado polo teu centro educativo ou alguén do teu grupo de investigación), tes que pedirlle ao/á creador/a dese proxecto que che dea acceso ao proxecto. É dicir: non tes que solicitar unha conta desde a pantalla de inicio. Se, pola contra, o que queres é crear un novo proxecto colaborativo e non tes unha conta, tes que solicitarnos unha desde a páxina de inicio.
Se tes unha conta activa en Peneira, simplemente tes que introducir as túas credenciais: o teu correo electrónico (ou nome de usuario) e o contrasinal.
Se non lembras o contrasinal, preme en Lembrar contrasinal e introduce o teu correo ou nome de usuario. As contas con correo reciben o proceso habitual por email. Nas contas educativas sen correo avísase ao profesor responsable, que pode crear un novo contrasinal desde a xestión de participantes do proxecto.
Instalar Peneira¶
Peneira, ao ser unha aplicación web progresiva (PWA), permítenos usala de dúas maneiras: sen instalala, como unha páxina web, accedendo directamente a https://peneira.cesga.es, ou instalando a aplicación desde o navegador, para que a próxima vez poidamos acceder a ela como calquera outra aplicación no noso teléfono/ordenador.
Temos máis vantaxes se instalamos Peneira en lugar de usala desde o noso navegador como unha páxina web:
- Podemos usala sen conexión a Internet.
- O espazo de información da aplicación será maior, porque non teremos a barra de navegación na parte superior
Instalación de Peneira nun teléfono/tableta Android¶
Se queremos usar Peneira como aplicación, debemos seguir estes pasos (para teléfonos Android):
Navegador Chrome: Dende o navegador web accedemos á URL de Peneira: https://peneira.cesga.es,
Unha vez na URL debemos seleccionar no menú de 3 puntos que aparece na parte superior dereita e premer na opción "engadir á pantalla de inicio".
Escollemos a opción "Instalar" e teriamos Peneira no escritorio.
Navegador Firefox: para instalar Peneira, hai algúns pasos adicionais despois de acceder ao URL de Peneira:

- No menú de tres puntos na parte superior esquerda da pantalla, selecciona o submenú: Gardar
- No menú Gardar, selecciona "Engadir aplicación á pantalla de inicio" (o texto pode variar dependendo da aplicación/versión de Android)
- Firefox pídeche que arrastres a icona de Peneira para colocala na pantalla de inicio
Perfiles de conta¶
En Peneira hai 3 tipos de contas de usuario:
Creador/a/administrador/a
Podes crear e xestionar proxectos, propoñendo categorías, datos a recoller e participación no proxecto, asignando usuarios ao teu proxecto. Estes usuarios que participan no teu proxecto poden ser dos dous tipos seguintes: Colaboradores (coxestores no teu proxecto) ou participantes (recolledores de datos).
Colaborador/a
Esta conta debe ser creada polo Creador/administrador do proxecto. Permíteche ter permisos similares aos do creador do proxecto dentro do proxecto no que participas. Isto pode ser útil para xestionar proxectos complexos entre varias persoas. Este perfil de usuario só ten permisos de administración no proxecto ao que fuches engadido, pero non en ningún outro proxecto. Polo tanto, se queres crear os teus propios proxectos máis adiante, debes solicitar ao CESGA que cambie os teus permisos a creador/administrador.
Estudante/Participante
Só podes crear observacións en proxectos aos que te convidaron. Este perfil permite, ademais de poder recoller observacións no proxecto, poder comentar as observacións realizadas por outros participantes, así como descargar os datos recollidos no proxecto.
Solicitude de conta¶
Como pedir unha conta?¶
Para participar en proxectos aloxados en Peneira necesitas ter unha conta.
Se queres participar nun proxecto xestionado polo teu profesor/a ou participar nun proxecto científico proposto pola persoa responsable dun grupo de investigación específico, debes contactar con esta persoa para que poida crear a túa conta en Peneira e permitir a túa participación no proxecto.
Se, pola contra, o que queres facer é comezar a usar Peneira para xerar os teus proxectos colaborativos coa ferramenta, estás no lugar axeitado... segue lendo!
Peneira está dispoñible actualmente de balde para profesores e investigadores de Galicia, do Consello Superior de Investigacións Científicas ou para aqueles que participan en proxectos co CESGA. Para iso, primeiro debes solicitalo, como se indica na propia páxina da solicitude https://peneira.cesga.es
Se queres usar Peneira fóra destes usos, ponte en contacto connosco e cóntanos a túa idea e o teu contexto. Ás veces permítense excepcións!
Formulario de solicitude¶
Debe cubrir a solicitude completando os campos:
- Nome
- Correo electrónico
- Centro ao que pertence
- Breve xustificación sobre o uso que lle quere dar á ferramenta.
Unha vez enviada debe agardar a que a solicitude sexa aceptada, o que normalmente non supera as 24 horas en días laborables.