Ir ao contido

Que podes facer con Peneira?

Peneira está dispoñible tanto para dispositivos móbiles como de escritorio. A plataforma aproveita os recursos dispoñibles nos dispositivos móbiles, como a súa cámara, o micrófono, o GPS, etc., para capturar datos fóra da aula.

Nesta sección podes ver algúns exemplos de proxectos posibles onde poder usar Peneira.

Características

Con Peneira:

Info

  • Recolle moitos tipos de datos de campo co teu teléfono: números, textos, ligazóns, imaxes, audios, vídeos...
  • Recolle datos de campo automaticamente no momento da captura (temperatura, estado do ceo, altitude, lonxitude, presión atmosférica, velocidade do vento).
  • Xestiona os usuarios que queres que participen no proxecto, tanto como colaboradores (con dereitos de administración) como participantes (estudantes/informantes).
  • Descarga os datos recollidos en formatos abertos (CSV, Json) para poder traballar con eles, analizalos, etc.
  • Mellora o compromiso e o interese dos participantes no proxecto engadindo unha capa social ao proxecto, con comentarios aos datos recollidos por outros participantes.
  • Comparte datos observados fóra da plataforma ou garda os datos localmente.
  • Coñece a localización en tempo real dos participantes: Coa aplicación Peneira, podes ver a localización en tempo real dos estudantes que tes no teu curso (sempre que dean permiso e teñan a aplicación aberta nese momento).
  • Chat: Existe a posibilidade de ter un chat administrador-participante na mesma aplicación, sempre que o administrador/profesor sexa quen inicie a conversa (este chat non está permitido entre participantes-alumnos).
  • Usar a aplicación en modo sen conexión: No caso de que non teñas conexión a Internet, Peneira gardará as túas observacións ata que volvas ter conexión, subíndoas nese momento.

Tipos de proxectos

Algúns exemplos:

Estes son algúns exemplos de proxectos científicos colaborativos nos que poderías empregar Peneira, tanto en ciencias naturais, ciencias sociais, humanidades...

  • Observación de cambios na natureza ao longo do tempo (observación fenolóxica): Por exemplo, recompilación de imaxes e datos dunha especie ao longo do tempo, ou en diferentes zonas para ver a variación climática e o seu aspecto.
  • Recompilación de datos para a análise de microplásticos nas nosas praias, monitorización da calidade do aire ou da auga... (usando sensores adicionais e recompilación de datos en Peneira).
  • Recompilación de vocabulario tradicional para elaborar un mapa lingüístico: Recompilación de palabras tradicionais para poder localizalas no mapa, e así poder mellorar o coñecemento das variantes lingüísticas ou localismos; recompilación de tradicións orais: contos, cancións...
  • Catálogo local do patrimonio histórico ou natural: Recompilación de datos sobre o patrimonio histórico (castros, igrexas, pontes, lavadoiros...), industrial (antigas minas, forxas, fábricas, etc.), ou natural (ríos, montañas e fervenzas) para poder catalogalos, coñecer o seu estado, etc.
  • Mapas de recursos ou servizos municipais da nosa zona: Identificación de servizos e a súa dispoñibilidade na zona, ou comparación dos mesmos recursos entre diferentes zonas.
  • Obstáculos á accesibilidade nunha zona: Recollida de detalles dos diferentes obstáculos (árbores caídas, obras mal rematadas, rochas ou calquera tipo de obxecto que dificulte o movemento das cadeiras de rodas, etc.) na zona, e así poder informar aos usuarios ou ao concello correspondente.

Estas son só algunhas ideas! O máis interesante da ciencia colaborativa é que pode investigar cousas importantes polas que "ninguén pregunta".