Descargar e procesar os datos¶
Unha vez que os participantes comecen a recoller datos no teu proxecto, poderás visualizalos ou descargalos en calquera momento. Hai diferentes xeitos de visualizar os datos recollidos no teu proxecto:
- Desde a vista do mapa
- Por creador individual (usuario)
- Últimas observacións
Todos eles son accesíbeles desde a páxina principal do proxecto, debaixo da sección de categorías.
Observacións no mapa¶

Ao abrir o mapa, podes premer en cada punto para ver os datos capturados en cada observación realizada. Usa os dedos para desprazarte cara a dentro e cara a fóra ou mover o mapa.
As miñas observacións¶

Ao abrir o mapa, podes premer en cada punto para ver os datos capturados en cada observación realizada. Usa os dedos para desprazarte cara a dentro e cara a fóra ou mover o mapa.
Últimas observacións¶

Debaixo de "As miñas observacións" hai un desfile coas últimas observacións realizadas no proxecto, para un acceso doado.
Observacións por usuario/a¶
Como administrador/a, tamén podes ver as contribucións individuais ao teu proxecto. Visita a sección "Xestión de usuarios" e fai clic na icona "Mundo" situada á dereita do nome do usuario.

Exportar / descargar os datos das observacións¶
Unha vez capturadas as observacións, os seus datos pódense exportar en diferentes formatos. Para iso, abre a observación e fai clic no menú de 3 puntos na parte superior dereita e selecciona a opción "exportar observación". Ao seleccionar a opción, terás que escoller o formato que queres usar para mostrar os datos (json, csv ou geojson).

Editar unha observación¶
O autor dunha observación pode abrila, premer no menú de tres puntos e seleccionar Editar campos. Pódense modificar os campos de texto, número e selección, substituír contidos multimedia, cambiar a categoría e axustar a data e hora da captura.
Ao premer Gardar, Peneira sobe primeiro os novos ficheiros multimedia e despois actualiza a observación. Un aviso confirma que a operación rematou correctamente antes de refrescar a páxina. Se o servidor non atopa a observación ou non pode gardala, amósase un aviso de erro e mantense o modo de edición.